Sara estaba cansa, cansa de que ninguén lle prestase atención, de que todos a tratasen coma se non fose nada, sobre todo na súa familia.

A súa nai odiábaa, o seu pai divorciárase e o seu irmán… Menos mal que o tiña a el porque senón, non sería nada. Falaban xuntos todos os días, compartían experiencias e apoiábanse mutuamente, foi grazas a el que Sara conseguiu ser querida pola súa nai.

Faloulle do tema ao seu irmán e contoulle todo o que pasaba, as loitas, os golpes… El díxolle que lle contase como se sente a súa nai e que remate cun ¨quérote¨. Non hai palabra que poda facer máis débil ao ser humano.

Así, Sara, un día ao chegar á súa casa, falou coa súa nai e díxolle: ¨Por favor non me fagas isto, eu quérote, dime que ti tamén me queres…¨.