Eramos noivos dende fai dous meses, e el só e capaz de dicir “ola”. Marchei moi enfadada cara a casa. Cando chegei pecheime no meu cuarto. Era un vintesete de decembro, e pasei todo o dia pechada naquel escuro cuarto.

Chegou entre sono e sono o dia do meu aniversario, erguinme e …¡Sorpresa! Alí estaban todos: os amigos da facultade, meus pais, os curmans, e coma non, el. Alí, entre toda a miña xente. E cunha gran torta nas mans, achegouse a min e berrou “quérote”.