Alicia é unha rapaza de catorce anos que non sabe como chegou á lagoa xa que foi a única que sobreviviu ao accidente de coche, onde a súa familia morreu e é incapaz de facer amigos alí.
Un día unha rapaza chamada Paula, achegouse e, ao longo dos días, fixéronse moi amigas. Alicia contoulle o da súa familia porque se contaban todo e Paula díxolle que os seus pais tamén morreron nun acidente e que tampouco sabía como chegou á Lagoa.
Intentaron de todo para saír e investigar porque chegaron alí, pero foi imposible, nese momento déronse conta que non tiñan porque saír de alí, que non tiñan familia e que elas soas xa eran moi felices xuntas.