Aí estaba… no fondo pero preto, oculto pero visible, semellando consciente de que cada día de San Xoán eramos quen de albiscalo. Un manto verde cubría a súa pel, testemuña do paso do tempo; e o que algún día lucíu dourado agora misturábase  coa escuridade do seu entorno.

A súa silueta era inconfundible. Parecía que en calquera momento cobraría a vida que nun tempo lonxano lle foi arrebatada pola avaricia de quen disfrutaba do seu latexo sen apenas aprecialo.

Case non pasaran uns minutos dende que a noite máis curta do ano se esvaecera, e así coma ela, aquela imaxe difuminouse no fondo da lagoa. A claridade fixo apagar un segredo que permaneceu vivo sempre gracias ao mundo das lendas. Quizás non era máis ca iso, unha lenda, e a maxia desa noite foi quen de feitizarme.

Ese recordo acompañoume ao longo de varios meses. Imaxinaba a pedra, limpa e clara en tempos; as campás, brillantes coma o sol…

Ás doce en punto oíronse cantar os galos.