Leo sentada nunha cadeira de madeira de miña avoa no balcón. A música jazz soa, mentres o disco dá voltas e voltas coma unha espiral. Vinte e tres de setembro de 1962. Hoxe, vinte e tres de setembro de 1962. Benvidos todos á apocalipse. Silencio.

Máis silencio. Un silencio estraño. Un silencio que non é moi adoitable en Nova York. Un silencio que me percorre as veas e me produce un estremecemento veloz.
De súpeto, véxote a ti. A miña apocalipse. Abrázote, bícote e noto o pracer de sentir a túa pel rozando a miña. Agardábate dende había tempo cunha impaciencia fría e glacial, que me mecía amodo, moi amodo, e me aumentaba o pulso, e me roía as pálpebras do corazón. APOCALIPSE.