Toqueille as costas, era unha muller. Lémbrome que levaba un vestido azul e que as súas costas se achaban descubertas.
Achegueime a ela, nerviosa . O contacto das miñas mans na súa cintura fixo que polo meu corpo percorrese un fío de electricidade inexplicable. Era de pel tostada, con ollos verdes que chamaban á miña porta. Deixámonos levar, escondémonos entre as sabas e a nosa puridad desvaneceuse en lume. O frenesí rompeu todo o medo. As súas mans frías percorrían o meu corpo, cada recuncho explotaba en quentes lavas de paixón indefinibles. Os xemidos e a respiración marcaban o ritmo daquela inesquecible canción. Espertámonos abrazadas, envolvidas en cinzas, mergulladas nun baño de cómplices miradas.

– Como te chamas, pequeno sorriso de Amelie?, pregunteille acariñando as súas fazulas e percorrendo coas miñas frios dedos os seus ardentes beizos.
– Dime que me queres…
– Cómo?
– Todos me chaman Farah, Farah Ohoye


Ensíname…

Ensíname a quererte, a curar o meu corazón cuando pronuncias tales vocabúlos: monótonos, indiscretos.

Podo aprender baixo o paraugas do teu terso espírito. Podo mergullar ata o derradeiro poro da miña pel na túa vitalidade arrolladora e, afogar con tan voraz veleno a este  paradoxo adolescente.
Pero, Cómo facelo sen rachar, sen romper a túa alma e a miña  nun escuro abismo?
Ensíname. Só ensíname e dime que me queres.