09/2015. Primeiro día de colexio. Mochila chea de ilusións, retos, medos e ELA, esa botella de auga que a miña nai aconséllame que non perda e que a cada pouco déalle un traguiño. Creo que é polos meus problemas de garganta.

09/2023. Primeiro día de instituto. Novos retos, novas ideas, ningún medo e ELA, esa vella botella que cada inicio de curso acompáñame coa auga que a miña nai recolle no seu pobo. Xa me afixen a esa tradición.

09/2030. Primeiro día de universidade. Saio da miña casa destino á facultade e oio á miña nai: -Non te esquezas DELA que está recentemente chegada da fonte. Fielmente agárrome a ELA como o meu “seguro de vida”.

Tres procesos na miña vida. Tres chorros de auga que o regaron. Auga fresca, limpa.

Intelixencia. Valentía. Poder. A miña avoa Mariña dicía que eran as súas características. ELA acompañou á miña nai e agora a min. Fidelidade.

Tradición vs Modernidade