Rosa quedárase pensando naquela rapaza que nin coñecía. Era a primeira vez que vía a alguén que lle transmitía esa sensación. Sempre pensara que estaba namorada do neno máis guapo do instituto, pero isto era moi distinto.

Marta imaxinou máis de vinte veces como era aquela moza que vira na rúa. Semellaba que agardaba por ela para namorala e logo desaparecer. Nese intre todo o que acontecía ao seu redor non importaba, Marta centrábase naquela beleza. Non lograba deixar de pensar nela.

Un día, Rosa e Marta saíron de candasúas casas para atopar ás suas namoradas. Estaban na rúa principal e alí, entre o barullo do tráfico, atopáronse. Todo desapareceu, só estaban elas naquel mundo paralelo. Avanzaron lentamente ata quedar fronte a fronte. Nin unha palabra, só un pensamento: dime que me queres. Aquela fora a aperta máis cálida das súas vidas.