Tiña o canón da pistola ben agarrado cos dentes. Desta vez ía ser, desta vez non se ía arrepentir.

Ata aquí cheguei, cona xa.

Non o ían botar atrás todas as cousas que deixaba sen facer. Non se ía deixar enganar por nada. Esta era a definitiva, desta volta si que o ía mandar todo á merda e, os que quedan, que se fodan.

A súa muller, a súa filla, os seus pais, os seus amigos… tampouco o ían botar tantísimo de menos. E se o fan, que se fodan.

A ver que cara lle quedaba agora a todos eses bichicomas.

QUE-SE-FO-DAN.

Apertou o gatillo con decisión. Este cedeu ata o final do seu percorrido e, na fracción de segundo que pasa entre que fai contacto e a bala estoupa, pensouno mellor.

Merda.