El sabía que no seu pulso había máis que un reloxo, alí estaba todo o tempo dunha vida, todos os fillos, a guerra infame, as mans xerminando á terra, as bágoas contidas, as risas das partidas dos domingos. Alí estaban todos os aloumiños perdidos, o polvoriño do inverno e as cores de outono, a sorpresa da vida nas primaveras e os mollos dourados de centeo baixo ó sol do verán. Estaban os solpores laranxas tralas serras e o orballo milagreiro de san Xoan…pensando niso, naquel agasallo que o avó Pepe lle fixera, reparou en que o reloxo se parara e de súpeto unha frase veulle á mente, como se a oira desde dentro: “dime que me queres”.

Sonou o teléfono:

-O avó faleceu…

O reloxo funcionaba de novo e el comprendeu que o agasallo non era o reloxo se non o amor que ficaba para sempre nos segundos do tempo

Enguriñada na esquina do cuarto, tremendo como un biorto, agarrando a cabeza cas mans, como tantas outras veces; pensou de novo que aquela sería a derradeira vez, que nunca máis voltaría a ser humillada nin espida sen o seu consentimiento pero de súpeto abriuse a porta:

-Tes outro cliente!

E mentras se desdibuxaba para convertirse  nunha boneca de trapo, susurraba desde o seu último anaco de alma sana: “dime que me queres” e unha bágoa esvarou por as súas meixelas.


Sabía que tiña algo que dicir porque un latexo grande e quente fervía no seu interior espallando un mundo de cores e sons, de personaxes e historias que percorrían todas as súas arterias, que enchían os seus ollos e mesmo saían pola súa boca en forma de palabras nunca aprendidas, de paisaxes nunca vistas. Intentou sen éxito, acalar ese mundo interior, non darlle folgos ós que compoñian teorías sobre a súa saúde mental; pero xa non había cancelo que contivera aquela posesión viscosa, morna, a veces sutil e outras tumultuosa que a conducía a un estado de ebriedade absoluto.

Aquela mañá decidiu non loitar máis contra sí mesma e tímida colleu un papel e un lápiz e case tremendo abriulle as portas a todo aquello que vivía no seu interior e comenzou a escribir: dime que me queres…e eso foi sólo o principio.