Dime que me queres.Pero esta vez, se consecuente coas túas verbas, porque non terás máis oportunidades, terás que demostralo con feitos e deixar a un lado a túa ambición desmedida, xa que o teu tempo está a piques de esgotarse e non pareces darte conta.

Pero non te confundas, non serei eu quen se vaia, se non ti . 

A túa prepotencia, o teu egoísmo e insensibilidade trouxéronte ata aquí e provocaron o ultimato.

Aproveitácheste de min, abusando da miña xenerosidade e maltratándome  dunha maneira que non pareces ser consciente.

Poderíamos ter sido tan felices…

Vivir en total conexión, fundíndonos nun todo, respectándonos mutuamente e amándonos de maneira incondicional. Pero ti non o entendes.

Estou esgotada e non podo nin debo, seguir a soportarte por máis tempo.

De verdade que o sinto, pero terás que marcharte para sempre ,  ser humano.