Esperaban o autobús das cinco e media. Os minutos pasaban lentamente. Ollábanse cada pouco e, por fin, un deles decidiuse a falar.

– Oes! cómo te chamas?

– Fran… e ti?

– Eeu… Marco. E a onde vas?

– Ao parque do Axóuxere, a debuxar.

– Eu tamén vou alí pero… non sei debuxar.

– Se queres podes vir comigo.

– Vale!

Ao chegar sentaron nun banco. O sol quentaba as súas costas mentres debuxaban a xente que pasaba.

Nun momento todo parou. Marco e Fran miráronse fixamente e déronse un bico.

– Quérote – E fíxose o silencio.