Dende a xanela, podo escoitar o mar. A súa raiba arrástrame, afoga os meus medos, para máis tarde devolverme ó areal a salvo dos seus reproches.

É ó lugar a onde volvo obsesivamente para atoparme contigo.

Dime que me queres, escribo na area mollada.

O salitre mantén a túa esencia sempre viva.

Un fogar sen portas, como ti me ensinaches, mamá.

A túa alma fai tempo que non está con nós.

Unha estrela de mar  sorrí con ollada complice.

Ela coñece o noso segredo.


O primeiro encontro foi unha casualidade ou unha fatalidade, según como se mire.

Ías de presa, coma sempre, e bates cun coche.

No primeiro momento respiras ó apreciar que non te mancaches; o outro accidentado sae como un energúmeno, mais de súpeto muda, e vólvese un rapaz encantador; e moi atractivo, por certo.

Solucionado o tema burocrático e cada quen volta a súa vida cotiá.

O seguinte día soa o teléfono e era Brais, o mozo do accidente.

Comeza unha relación alucinante.

Ceas a luz das candeas,conversas teléfonicas ata as tantas, viaxes de lecer;

Ficas subida nunha nube de felicidade.

LA VIE EN ROSE.

Esa fin de semana foi ainda máis máxica se cabe.

O rematar de cear, mírate fixamente mentras deixa caer unha caixiña na túa man e prégache:

-Dime que me queres,

E ti , sin dubidalo berras:

-Si, si  quérote sen reservas.

Esquecendo eses pequenos sinais presos na retina, nese intre preciso, abres a porta o abismo.