Abre o prazo para que as persoas autónomas soliciten o Kit Dixital

Xa hai data para a solicitude do Kit Dixital para as persoas autónomas e as microempresas de entre 0 e menos de tres empregadas. A terceira convocatoria do programa abre o vindeiro xoves 20 de outubro con axudas de ata 2.000€ para a mellora da dixitalización de autónomas e micropemes.

A convocatoria ábrese o día 20 de outubro e estará aberta durante un ano, ata que se esgote o orzamento.

Que axudas ofrece o Kit Dixital?

O bono dixital de ata 2.000€ pode solicitarse para categorías como:

  • Sitio web e presenza básica na rede (máximo 2.000€).
  • Comercio electrónico (máximo 2.000€).
  • Xestión de redes sociais (máximo 2.000€).
  • Xestión de clientes (máximo 2.000€).
  • Business Intelligence e Analítica (máximo 1.500€).
  • Xestión de procesos (máximo 2.000€).
  • Facturación electrónica (máximo 1.000€).
  • Presenza avanzada en Internet (máximo 2.000€).
  •  [...]  Ver +

    Publicado en Axudas

    “A ecoinnovación pode ser entendida como calquera actuación innovadora cara á sustentabilidade, reducindo o impacto ambiental no medio e a eficiencia dos recursos naturais empregados, a través do desenvolvemento de novos conceptos, do emprego de materiais con menor impacto ou reducindo o consumo de recursos.”

    Financiamento e concorrencia:
    – Ecoinnovación comercial: titorización e impulso de proxectos de sustentabilidade e ambiente no sector comercial.
    – Asociacionismo comecial e servizos para pemes comerciais.

    Beneficiarias:
    Comerciantes retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

    – Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.
    – Que empreguen menos de 50 traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial.
    – Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados.
    – Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
    – Asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro.
    – Asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro (…) que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

    Actuacións subvencionables:
    – E-Ticket.
    – Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cen biodegradables (ata 4.000€. 70%).
    – Economía circular (1.500€)

    · Implantacións de negocios ou liñas de negocios comerciais baseados en procesos de economía circular.
    · Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecolóxica.
    · Proxectos de recollida de residuos téxtiles ou alimentarios para a súa reciclaxe.

    PREME NA IMAXE PARA + INFO

    Subvención para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade por subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables (…)

    Prazo: 03/07/2019 – 02/08/2019

    Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: 
    Investigación de mercado; Plan de márketing; Plan de comunicación do negocio; Plan estratéxico do negocio; Plan de crecemento: constitución da sociedade.; Plan de reorientación do negocio; Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio; Plan de refinanciamento.

    Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
    Compra de maquinaria; Compra de útiles e ferramentas; Reforma do local do negocio; Equipamentos informáticos; Rótulos; Aplicacións informáticas e páxinas web; Creación de logotipo do negocio; Mobiliario.


    Subvencións para a innovación, dixitalización e implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal

    Resumo das bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal. (ata o 26/05).
    Precisas axuda coa tramitación ou co teu proxecto? Podes poñerte en contacto connosco 636 889 015 / info@bencomun.gal