“A ecoinnovación pode ser entendida como calquera actuación innovadora cara á sustentabilidade, reducindo o impacto ambiental no medio e a eficiencia dos recursos naturais empregados, a través do desenvolvemento de novos conceptos, do emprego de materiais con menor impacto ou reducindo o consumo de recursos.”

Prazo: 09/07/2019 – 09/08/2019

Financiamento e concorrencia:
– Ecoinnovación comercial: titorización e impulso de proxectos de sustentabilidade e ambiente no sector comercial.
– Asociacionismo comecial e servizos para pemes comerciais.

Beneficiarias:
Comerciantes retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.
– Que empreguen menos de 50 traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial.
– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados.
– Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro.
– Asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro (…) que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Actuacións subvencionables:
– E-Ticket.
– Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cen biodegradables (ata 4.000€. 70%).
– Economía circular (1.500€)

· Implantacións de negocios ou liñas de negocios comerciais baseados en procesos de economía circular.
· Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecolóxica.
· Proxectos de recollida de residuos téxtiles ou alimentarios para a súa reciclaxe.

 

Interésanche estas axudas? Cres que poden Podes poñerte en contacto connosco para informarte máis a fondo ou tramitala e/ou se precisas dos nosos servizos de programación web, marketing online, deseño de logotipo / imaxe de empresa…

Tel. 636 889 015 / info@bencomun.gal).

Publicación completa na sede electrónica da Xunta