Resumo das bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.
– Prazo de presentación: ata o 26 de maio de 2019

Podes poñerte en contacto connosco para tramitala e/ou se precisas dos nosos servizos de programación web ou xestión de Redes Sociais para poderes cumprir cos requerimentos para estas axudas (636 889 015 / info@bencomun.gal).

Publicación completa no DOGA aquí.

1. Dixitalización comercial:
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.

a) A implantación e actualización de páxinas web comerciais.
b) Introdución de ferramentas de márketing 4.0: instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e na predición de patróns de consumo, publicidade en medios dixitais,
ferramentas de realidade aumentada, e ofrecer experiencias reais e interactivas ao consumidor como produtos 3D ou probadores virtuais e chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.
c) Pulo á mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto.
d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager).
e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos
empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.

– Para a implantación de páxinas web con venda en liña é de 4.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de páxina web é de 1.000,00 € (IVE excluído).
– Para a actualización de páxina web é de 800,00 € (IVE excluído).
– Para a introdución de ferramentas de márketing 4.0 é de 6.000,00 € (IVE excluído), cun límite para actuacións en publicidade en medios dixitais de 2.000,00 € (IVE excluído).
– Para a mellora de imaxe comercial dixital é de 6.000 € (IVE excluído).
– Para os servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager) é de 10.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de ferramentas de xestión é de 3.000,00 € (IVE excluído).

O investimento máximo subvencionable para o conxunto das actuacións de dixitalización é de 29.000 euros (IVE excluído).

Un comentario sobre “Subvencións para a innovación, dixitalización e implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal

Os comentarios están desactivados.