[vc_row][vc_column width=”2/3″][vc_column_text]Servizos de fotografía e vídeo a empresas, profesionais e particulares.

Prestamos especial atención e coidado ao comercio local e PEMES que precisan solucións concretas, suxestivas ou rechamantes pero sempre de calidade, para reforzar a imaxe de negocio e produtos nos diferentes soportes e medios actuais (Páxinas Web, Redes Sociais).

Servizo de alugueiro das nosas instalacións e material, con ou sen apoio técnico.

Dispoñemos dunha marabillosa cámara “minutera”, como as que utilizaban os antigos retratistas que frecuentaban as feiras ou as prazas de vilas e cidades, coa creamos fotografas totalmente artesanais a través do proceso de revelado na mesma cámara e no momento. Unha solución ideal para nostálxicos que aprecian o valor e acabados da Fotografía clásica.
Con esta cámara ofrecemos, así mesmo, servizo de retratos (con cita previa) e asistirmos a eventos sociais ou de promoción.

Obradoiros de fotografía de distintas temáticas e adaptados ás circunstancias e necesidades de cada proposta, para impartir nas nosas instalacións ou noutros espazos, como Centros Educativos, Casa da Cultura ou da Mocidade nos concellos, Locais Sociais, etc:

• Fotografía con smartphone
• Fotografía estenopeica.
• Fotografía analóxica e laboratorio.
• Fotografía da natureza.
• Revelado e retoque dixital
• Gravación e edición de vídeo

Para calquera outro servizo non dubides en falar connosco.
Cóntanos a túa proposta ou necesidade e nós tentaremos atopar a mellor solución.

• Fotografía de produto para distintos soportes(banners ,cartelería, packaging , etiquetado, páxinas web, Redes Sociais).
• Fotografía de produto contextualizada ou ambientada para utilizar en distintos soportes.
• Foto-reportaxe: cubrimos todo tipo de eventos sociais, culturais, deportivos, de empresa, promoción).
• Fotografía editorial.
• Reproducións de obras de arte.
• Fotografía de locais, instalacións, arquitectura.
• Vídeo: promoción, produto, eventos.[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/3″][vc_column_text]CONTACTO

Marcos Atrio
604 00 38 73
marcos.atrio@bencomun.gal[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_gallery type=”image_grid” images=”26063,26066,26074,25915,25925,657,26061,26062,26067,26064,26068,26065,26070,26071,26072,26073,26075,26076,26077″ img_size=”medium” css_animation=”none” title=”BenComún Servizo de Fotografía e Vídeo”][/vc_column][/vc_row]