BenComún Espazo
O Espazo BenComún é moito máis ca un local de coworking, moito máis ca unha comunidade de traballo colaborativo, moito máis ca un punto de encontro para a creatividade ás beiras do Arnoia, no centro de Allariz. É moito máis ca iso, pero tamén é todo iso.
No Espazo BenComún tes á túa disposición 300 m2 de superficie distribuídos nunha sala diáfana con mesas de traballo individuais, unha sala de reunións e un estudio fotográfico. No noso local da praza da Torre Lombarda, amais de vistas sobre a ribeira do río e os cumes da reserva natural da biosfera, contamos con internet de alta velocidade (350 Mb de descarga), Wi-Fi, liña telefónica, calefacción, zona de descanso e office, zona de carga para vehículos eléctricos e unha terraza moi luminosa.
BenComún nace da mesma iniciativa empresarial que creou a libraría Aira das Letras e a editorial Aira, ambas en Allariz, e da firma de deseño e obxectos bonitos Punto e Coma, con tendas en Ourense e Carballo. Esa vontade compartida de converter Allariz en vila do libro, do deseño, da ilustración -en definitiva, en capital da creatividade- transmítese no ADN do noso espazo. Na nosa comunidade xa participan destacados profesionais das novas tecnoloxías e das artes e oficios visuais, con especialización no traballo editorial e na creación de obxectos.
Incorpórate a BenComún e benefíciate como profesional dos nosos servizos engadidos: impresión en 3D, reprografía, fotografía profesional, creación e xestión de web e app,s para o teu negocio, asesoría laboral, fiscal e contable e formación continuada nunha ampla área de materias.
Servizos
Internet de alta velocidade
600 Mb de descarga dan para mooooito!
Zona de descanso e office
Fai un descanso, prepara un café, garda na neveira a túa friameira co xantar... ou reláxate uns minutiños na nosa marabillosa e solleira terraza con vistas ó río Arnoia.
Que hai de novo en BenComún?

Gótico de Sandiás, Sta. Mariña de Augas Santas e Armea
Gótico de Sandiás, Sta. Mariña de Augas Santas e Armea Un itinerario cultural e patrimonial para descubrir puntos clave do… Ler Máis

VII Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz
Aquí tendes toda a información deste VII Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz. Lembrade que a entrada é de balde… Ler Máis

O gabinete do Doutor Caligari con Caspervek
Comezamos con este clásico a nova edición do Ciclo de Cine Mudo e Música en Directo Caspervek organizado pola Fundación… Ler Máis
Algúns Coworkeir@s en BenComún

Carlos Airas Cota
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Cofundador das libarías Aira das Letras e Punto e Coma e de Aira editorial e promotor do BenComún Espazo.
Especialista en consultoría para empresas e autónomos nas áreas de exploración de novos negocios, expansión comercial e análise de riscos, principalmente no sector deportivo e cultural.