Que fermosa peiteándose na fonte. O ouro do peite fundíndose no seu cabelo rubio, que cae enchoupado sobre o seu corpo espido. Que fermosa.

Namorei dela; e díxenllo. Mentres tecía. Mentres lavaba. Abofé que llo dixen.

Ela corría polo campo, de fonte en fonte, de porraca en porraca. E eu detrás. Berráballe canto a amaba; o que faría por ela.

Nin sequera cando a atei, mentres queimaba a súa pel coa punta incandescente do cigarro, para que non escapase máis, se decataba de que o facía por amor.

Amábaa.

Amaba ese rostro lívido, de meixelas rubias. E tiven que quitarllo para só eu velo.

Cortei a súa cabeza.

Por amor. Mateina. Mateina porque a quería.

Mateina… porque era miña.

 

Extracto da nota de suicidio de Olibrio Ameneiro, veciño de Armea, Allariz.