Ao atravesar o limiar da porta o frío envolveuna por completo. A oscuridade do corredor era casi impenetrable, percibíndose só pequenos e febles brillos pratinados da lonxana lúa.

Avanzou silandeiramente, aínda somnolenta, cara a inmensidade de penumbra que se extendía ante ela. Aínda cos ollos moi abertos case non podía distinguir o seu camiño, mentres avasivas sombras observabana, refuxiándose nos recunchos creados pola noite.

Podía percibilos, sabía que estaban alí, contemplándola. Sentía o seu anhelo, a súa inquietude. O pelo dos seus brazos e un arrepío na caluga adiviñaban a súa presencia. Máis malia todos os sinais internos de alarma, seguiu avanzando cara o seu destino.

Chegou ao seu cuarto e, antes de pechar a porta tras de se, dedicou un tenro e comprensivo sorriso a aqueles espectros difuminados, e ao mesmo tempo familiares, que habitaban xunto a ela na vello pazo.