– ¿E dis que podo ir río arriba e, a través dunhas galerías de augas subterráneas, chegar aló?
– Non se sabe de ningúen que chegara… pero todos sabemos que é así, meu.
– ¿E o nome de Augas Santas viralle por algo?
– Hai varias versións, pero según a nosa lenda, é un lugar máxico no que poden convivir tanto peixes de auga doce coma de auga salada nun enooorme estanque cristalino dende o que ver o sol e a lúa refulxir no seu máximo esplendor e beleza. – Estrela proseguiu mentres Susiño miraba ó ceo abraiado e boquiaberto imaxinando ó borde do síndrome de Stendahl- Os días de choiva son dun sentimento e unha veracidade que parece que as gotas entran ata os teus ventrículos e aurículas…
– ¿E non será moi lonxe?
– E todo o lonxe que che diga a túa cabeciña… e todo o preto que che diga o teu corazón.
Todo eso lembraba unha e outra vez Susiño aleteo tras aleteo, aínda que… ¡Quen sabe o que un peixe pensa!