Agochada na escuridade, escoita o ladrar dos cans e os berros do xentío na súa procura.
Hai millóns de anos que a súa especie, a das lorchas, nace no lago Baikal, nos dominios da terra que os seres humanos coñecen como Rusia. Alí medran e sofren a metamorfose de larva a adulta, momento no que abandonan o berce para cruzar Europa de este a oeste. A súa lenda espallase a través dos séculos tras o seu paso; o único certo daqueles contos é que aliméntanse de sangue e son incompatibles coa luz solar. Vampiros, chamanlle os coitados. A súa viaxe a través da escuridade de Europa é perigosa, pero xamais ningunha delas foi capturada. Aquel peregrinar non é de balde, viaxan cara ao seu destino definitivo: o inframundo. O mundo feito a súa medida. A súa captura, podería ser o comezo do fin para a súa especie. Agora que está tan preto do fin do seu peregrinar, da única entrada ao seu mundo: a lagoa de Antela.