Andaba perdida e facíase de noite nun lugar descoñecido para min. Sempre pensei que no interior de todo o mundo, habitaba como mínimo un chisquiño de bondade, pero, non resultou ser así. Por máis portas nas que chamaba, ninguén me abría, só unha velliña me deu un lugar onde durmir, máis, coma un mixto non permanece prendido con auga, esta velliña, que era coma a luz desa contorna,  apagouse coa aparición da lagoa de Antela.