Ano 1958. Comarca da Limia. Os traballos deron resultado e a lagoa de Antela ficara desecada para futuros traballos de labranza nesta vasta área. Os veciños achegáronse para ver o resultado de algo que xa intentaran os romanos moitos séculos atrás.

No zona central da que fora unha das lagoas máis grandes da península ibérica podíanse albiscar unha serie de estruturas pétreas rectangulares, cubertas por cadansúa lousa. O silencio inicial deu paso a un murmurio colectivo. Ante tal expectación, os traballadores da obra achegáronse coidadosamente para intentar dilucidar que eran aquelas caixas. Se os romanos non foron quen de desecar aquela lagoa, quen se dedicou a deixar aquelas pedras perfectamente labradas baixo as augas?

Entre catro homes ergueron unha a unha cada lousa, destapando uns esqueletos semellantes aos do ser humano. Quen sabe dende cando estaban alí. A nova saíu en todos os medios, mais esa mesma noite os restos desapareceron, segundo os veciños, despois de que unha bola luminosa descendera do ceo.