– Por moita auga que libredes, a lagoa sempre estará aquí!
O berro daquel home non podía nin quería parar as máquinas cas que estabamos drenando a lagoa. Pasou ó meu carón cun saco cargado de ras e pregunteille curioso:
– Están boas?
– Estarán ben…
Desconfiei seriamente da retranca da súa resposta. Sedíame esa mesma noite para termar da maquinaria sobor dunha pequena anta que quedaba por derrubar cando una mesta néboa cubriu ata o borde onde chegara a lagoa. Baixo a luz da lúa outei a chegada daquel home co saco. “Este parvo para que trae agora as ras? Non hai auga!”, Pensei. Abriuno e saíron unhas pequenas luces tremoentas que saltaron dentro da néboa brincando nela e tamén por riba miña. A néboa converteuse en neve e logo en xiada, ata que esmoreceu xunto co home que as trouxo.
Queimei miña man querendo atallar un daqueles biosbardos. Así vos conto como pasou, e esta queimadura en forma de cruz e a proba de que non toleei.