Aínda lembraba a derradeira vez que estiven naquel lugar, hai un ano.

Sentei xunto esa gran pedra que sempre semellaba que estaba agardándome e atentamente escoite o son que producía o silencio absoluto. Eu, que sempre pensara que o silencio era ruidoso, comprobábao naquel lugar. Sentía baixo os meus pés a existencia do lago de Antela.

Por fin, comenzou a amencer. Debilmente primeiro, máis forte despois, escoitei o son dunha gaita. Contiven a respiración para non perder detalle e pouco a pouco, comprobei a realidade daquilo que escoitaba. Ese son propocionábame unha mestura de temor e calma.

Moitas veces intentei darlle unha explicación, primeiro lóxica, logo basada nas innumerables lendas que se escoitaban sobre aquel lugar, pero finalmente cheguei á conclusión de que había algo no son daquela gaita que merecía ser respectado, e que ás veces, nalgúns casos, intentara atopar un porqué restaba valor ós feitos.

Dende entón decidín disfrutar cada momento de maxia daquel lugar encantado e deixarme envolver polo seu sabor de misterio.