Como todas as noites despois de cear, lavou os dentes, deulle un bico na meixela a seus pais e foi pra cama. Non tiña que erguerse cedo, en pleno verán, atopábase nas desexadas vacacións, pero gustáballe durmir. Despois de meterse entre as sabas, pechou os ollos e emprendeu a viaxe ao seu mais profundo subconsciente cheo de soños é fantasías. Semellaba unha noite normal, coma todas; queda e silandeira. Pero mais tarde, pola madrugada, algo aconteceu; abriu os ollos, contemplou con eles o seu cuarto e decatouse de que algo non ía ben. O seu corpo non respondía, quería berrar máis a súa voz non daba presenza e por se iso non fose pouco, observou unha silueta en movemento aos pés da súa cama. Apouvigado e inmóbil, viu como ese ser se lle ía achegando, e cando estivo a centímetros da súa face, un sutil claro de luz revelou a identidade de ese ente; súa irmá, falecida a mans del na misteriosa lagoa da Antela, en Galiza… disposta a vingarse.