Ponse o sol sobre as terras da antiga Antioquía. As súas altas torres de cristal reflexan a luz dos últimos momentos do día. A inmensa capital da zona situada nun val profundo entre as montañas altas da rexión de Limierun son as compañeiras da xente da cidade. A noite xa caera sobre as xentes da cidade e todo era tranquilidade, ata que a terra comeza a tremer de forma violenta. As estrelas caen dende o ceo para rematar incrustadas contra a mais alta das montañas. Esta cede e cae sobre a imponente cidade. Casas enteiras quedan esnaquizadas por inmensas penedas procedentes da montaña de Antelis. A xente intenta escapar de forma inutil, pois o tremor pechara as saidas entre os grandes picos. Todos pereceron esa noite: homes, mulleres, nenos e ancians. Acto seguido da destrucción, a choiva comezou a caer sobre os restos da cidade. Choveu durante 30 días e 30 noites quedando formada a lagoa coma tumba acuática da cidade.