Dende a cristaleira do comedor podíase ver o bosque, apoiando as súas maniñas na xanela miraba o paso dunha procesión onde todos tiñan a cara cuberta por un veo branco, ían por un camiño de terra que non levaba ao cemiterio.
Ás súas costas a súa irmá saloucaba, virouse e viuna chorando cun coitelo entre as súas mans ensanguentadas. “Onde está mamá?” preguntou anguriada.
Unha muller descoñecida entrou pola porta, levaba posta as roupas da súa nai, cando viu ás nenas botouse a rir frenéticamente e correu a abrazalas.