Neste noso recuncho,o refuxio que nos protexe do mundo exterior, sona “Slow Dancing in a Burning Room´´ de John Mayer na vella radio, mentres me miras poñer a cafeteira no lume.
Miro para ti de esguello, quietiña. Teus ollos, antes eléctricos, agora seguen amodiño as miñas mans,que preparan duas cuncas. Escoito a tua respiración ,cada vez mais acompasada.
-Non te apures .
-Descansa agora.
-Sei,sabémolo os dous, que si as cordas non te suxeitaran á cadeira , estarias apertada a min,agradecéndome que nunca máis terás que pronunciar unha palabra. Falar é agoniante . Libereite. Agora ,a túa lingua ,ainda quente, dorme no peto do meu pantalón ,e ti, bañada en suor e sangue ,agardas polo café.
-Seguro que a ti préstache cargado…e a min,fervendo, mesturado coa pel do teu lombo.
Asubía a italiana, ti tremes.
Por que choras? Emocionaste…?….Miña alfaia,ainda temos noite por diante…
6 comentarios sobre “Café”
Os comentarios están desactivados.
Buenísimo
Estupendo!!
Arrepiante!!!
Si señor, un relato no que o pulso narrativo vai increscendo magníficamente.Engancha.Parabéns
Lendoo lembroume aol estilo de Edgar Allan Poe.En poucas palabras mantén o misterio cun xeito moi elegante e preciso. Moi ben,Juan.
Brutal!!!!