Que ben me cae o novo veciño. Chámase Luis, díxomo el. Creo que xa nos fixemos algo amigos, ainda que el é un home maior e eu acabo de facer nove anos. Cando chego do cole case sempre está esperando o ascensor. Subimos xuntos e cóntame cousas interesantes. Ás veces faime preguntas tamén. Eu baixo no sétimo; el continúa porque vive no décimo, contoume. Onte non se decatou e premeu o botón do dez, así que cando se abriron as portas tiven que volver a baixar. Díxome que entrase no seu piso, que me daría a merenda. Pero eu acordeime de que a miña nai quedara na cama, enferma, e estaría a esperar por min, así que fun para a miña casa. Outro día, díxenlle a Luis