Aínda podo lembrar aquela noite cando, durmida, o meu corazón latexou de máis e acelerouse todo dentro de min.
Eran brancos, afiados e pracenteiros ata facerme berrar… noteinos na miña pel como agullas finas traspasando a miña alma.
E non, non era un soño.
Abrín os meus ollos e puiden ver o teu sorriso igual que un neno cando fai unha trastada.
Agora son coma ti, unha criatura da noite que chucha sangue para vivir e que non pode esquecer o momento en que deixou a luz para nacer á escuridade.