Pouvelle é un colectivo artístico multidisciplinar afincado en Allariz (Ourense) e formado por Blanca Font (licenciada en Comunicación Audiovisual) e David Segade (graduado en Ilustración).

Debido á nosa formación e distintos campos de experiencia, podemos ofrecer un amplo abanico de servizos. O noso traballo inclúe muralismo, ilustración, deseño gráfico, dirección de arte e fotografía. Cun estilo definido e con carácter encargámonos de buscar a solución estética máis adecuada ó produto ou formato sobre o que traballamos.

Paralelamente ó noso traballo comercial, mantemos proxectos persoais que nos permiten experimentar con novas técnicas e que nos proporcionan frescura e novas ideas para futuros encargos.

pouvelle.com

Instagram: @pouvelle_studio

A actividade de Xeitura – Xestión Integral do Patrimonio Cultural relaciónase cos Servizos Culturais e de Ocio, especialmente centrados nos ámbitos do Turismo, o Patrimonio e o Desenvolvemento local. Ofrece servizos dirixidos a un heteroxéneo e amplo abano de clientes, dende a administración pública ou entidades sen ánimo de lucro e fundacións ata empresas, entidades privadas ou particulares.

Atendendo ás tres grandes áreas de actuación aceptadas na Xestión Patrimonial, ofrecen un amplo catálogo de servizos, que abranguen dende a Xestión básica (Investigación e Protección) ata a Xestión aplicada (Difusión).

http://xeitura.com

Imprenta, deseño, enmarcación, logotipos, impresión dixital, maquetación, etiquetaxe e packaging, obra gráfica…
Témola aquí mesmiño, ó noso carón, no baixo do lado:

Praza Torre Lombarda, 1 – Baixo | Tel. 988 049 439 | info@impresionarte.gal

A libraría Aira das Letras nace no ano 2010 para ocupar o baleiro que supuña que unha vila como Allariz non contase cunha verdadeira libraría. Dende entón, Aira das Letras leva traballando a eito tanto na propia libraría como na dinamización cultural de Allariz, con centos de presentacións e actividades culturais ás súas costas, tanto en calidade de organizadora como colaborando de maneira salientable en cantidade de propostas culturais que se realizan en Allariz e outros lugares.

Ademais dunha libraría -unha das máis lindas de Galiza, todo hai que dicilo-, Aira das Letras actúa tamén como editorial e como promotora cultural.

https://tenda.airadasletras.gal

Aira Editorial xurdiu da libraría Aira das Letras (Allariz). Presentouse publicamente na pasada edición do Culturgal (decembro de 2017) coas súas tres primeiras publicacións que incluían libro ilustrado, poesía, e unha tradución do francés con ilustracións de 22 ilustradoras e ilustradores de Galicia.
O equipo de Aira Editorial está formado por César Lorenzo Gil, director de contidos, Miguel Robledo, director de arte, e Miguel Mosquera, director técnico.

A editorial ofrece, ademais, servizos relacionados coa edición, publicación, impresión e distribución de obra escrita e ilustrada.

https://airaeditorial.gal

Maruxairas conta cunha Libraría de libros lidos -libros de segunda man, pero non só- no mesmo centro do casco vello de Allariz, pero é ademais unha xestora cultural, un centro de ideas e proxectos relacionados coas industrias creativas, a edición e a publicación, o deseño de contidos ou a creación e xestión de produtos culturais e contidos tecnolóxicos.

Maruxairas é unha empresa con diferentes caras pero un núcleo central común: a cultura e as diferentes actividades empresarias que se moven arredor dela.

maruxairas.gal

Punto e Coma defínese como unha tenda de obxectos bonitos que conta coas últimas tendencias que triunfan en todo o mundo. Punto e Coma é máis ca unha tenda de agasallos, é máis ca unha libraría. É ese espazo que imaxinas cando queres perderte entre ducias de obxectos marabillosos e encontrares esa chulada ideal para cada momento, para cada agasallo.

En Punto e Coma podes atopar obxectos de regalo de gran calidade, beleza e orixinalidade para crianzas e público adulto. Tamén poderás atopar obxectos para a casa e para a oficina nos que prima o deseño, así como unha fabulosa selección de libros bonitos para público infantil e adulto, a mellor escolma das máis prestixiosas editoriais: Kalandraka, Impedimenta, Bárbara Fiore, Libros del Zorro Rojo, Combel etc.

Punto e Coma ofrece ademais, como empresa, servizos de deseño, ilustración, maquetación e personalización de produto.

https://www.puntoecoma.gal