Edición e corrección de estilo, lingüística e ortotipográfica

Temos profesionais que poden axudarche a mellorar a túa obra de ficción, con experiencia en creación, edición e crítica literaria. Traballamos cóbado con cóbado co autor para tirar o máximo partido á súa imaxinación e historia. Relatos, novelas, poesía, ensaio, guións para cómic…

Tamén corriximos orixinais, eliminando grallas relativas á lingua (en castelán e galego) ou ao estilo e puntuación.

Ofrecemos servizo de consultoría artística sobre ilustración (álbum ilustrado, cómic…). Contamos con profesionais de grande experiencia na dirección de arte e na ilustración editorial.

  • Revisión de orixinais.
  • Avaliación de traballos gráficos ou de ilustración.
  • Revisión de probas de imprenta en calquera soporte informático.