Aproveita a Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia e visita Allariz!

Podes ver toda a información sobre estes bonos de ata 500€ nesta web da Xunta de Galicia

A arquitectura, a paisaxe, o río Arnoia, as rúas… A beleza e a calidade de Allariz son coñecidas en toda Galicia e tamén fóra das nosas fronteiras.
A gastronomía e a hostalaría de Allariz son famosas pola calidade dos seus produtos, a beleza dos locais e os seus elaborados e deliciosos pratos, sen esquecer os seus famosos e prestixiosos doces tradicionais!

En Allariz temos 4 fermosos e acolledores aloxamentos hosteleiros incluídos na listaxe de establecementos adheridos:

HOTEL OCA VILA DE ALLARIZ
Hotel – 4 estrelas 

O PORTELO RURAL
Hotel rural – 2 estrelas

PALLABARRO
Pensión rural – 3 estrellas

ALARICO
Hostal – 1 estrella

Podes ler, ver e saber máis sobre a Vila de Allariz, podes botar unha ollada á web de Turismo do Concello.

O GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) AVINZA-DR15 xestiona os fondos de iniciativa europea LEADER 2007-2013, destinados á dinamización económico, social e ambiental de 10 concellos da provincia de Ourense.

Os concellos da Bola, Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Taboadela, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, suman un total de 535,40 Km2 e unha poboación de 20.926 habitantes (IGE-2007), cunha densidade media de 39.08 hab/ Km2

AVINZA GDR15

Rúa do Portelo 4 Allariz
Tel. 988 442 535
www.avinza-gdr15.com
info@avinza-gdr15.com

 

http://www.avinza-gdr15.com/


A Fundación Ramón González Ferreiro ten a súa orixe na vontade de Don Ramón González Ferreiro, natural da aldea de Paciños, no municipio de Allariz. Por desexo expreso del, a Fundación que leva o seu nome, pasa a ser herdeira de todo o seu patrimonio no momento do seu falecemento, acontecido en xullo de 1980, ao mesmo tempo que fixa os seus obxectivos, que se van enmarcar fundamentalmente na actividade educativa.

Inicia así, esta Fundación, unha importante andaina, que persegue dar resposta non só as necesidades de Allariz e comarca, senón tamén a algunhas das que Galiza require.

Conta cun albergue que acolle a todos os colectivos sociais legalmente constituidos para que desenvolvan os seus programas, ademais da programación propia da Fundación.

Outras actividades: Campamentos de verán: Rural Camp. Cursos de inglés e francés para rapazada e maiores de idade.
Xestión do Centro de Educación Ambiental O Rexo (CEA) e venda de Queixo de O Rexo.

Lugar Paciños, 2 (Allariz)
Tel. 988 43 61 82
fundacionrgf.org
facebook.com/Fundacionrgf
info@fundacionrgf.org


O Hotel Restaurante Pallabarro sitúase nunha antiga casa que data do ano 1860, construída como o seu nome indica con palla e barro.

Ó longo do tempo tivo diversos usos, entre eles o de Casa da Música. Está situado no centro histórico de Allariz.

Conta con 4 habitacións dobres e 1 habitación con cama de matrimonio, todas elas con baño, calefacción, fío musical, teléfono e TV, ademais das zonas comunes, o Bar, a Terraza e o Restaurante.

Como restaurante é famoso pola súa cociña italiana de calidade, os seus peixes e sobremesas.
Ademais da carta, cada día da semana pódese degustar un completo e delicioso menú.

R/ Sur n° 1 Allariz
pallabarro.com
Tel. 988 554 027

A Fundación Vicente Risco é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza actividades educativas e culturais partindo do legado de Vicente Risco. Ten a súa sede na rúa San Lorenzo de Allariz, na que foi casa patrucial de Carme Fernández,dona de Vicente Risco. Hoxe de propiedade municipal, écedida á Fundación Vicente Risco para custodia dos fondos bibliográficos, documentais e plásticos de Vicente Risco e do seu fillo Antón.

Conta cunha espectacular exposición permanente sobre a novela de Vicente Risco ‘O porco de pé’, con obras do coñecido pintor allaricense Xabier Varela.

A Fundación organiza e/ou colabora de maneira salientable na organización de numerosos eventos e actividades culturais que se celebran regularmente na súa sede e na vila ourensá, como as Xornadas Romasanta, o Ciclo de Cinema e Música en directo con Caspervek, os Petiscos Musicais, o Poemagosto – Festival Internacional de Poesía en Allariz, ou o Ponme un Poema! Roteiro poético pola vila de Allariz, ademais de convocar os premios ‘Vicente Risco de Ciencias Sociais’, o ‘Antón Risco de Literatura Fantástica’ e o ‘Risco de Creación Literaria’.

Rúa San Lorenzo 3 Allariz
Tel. 626 00 20 19
fundacionvicenterisco.com
facebook.com/FundacionVicenteRisco



Arume by Trapiños nace como a extensión online das tendas Trapiños, dúas historias con pasado no sector que se unen en Allariz.

As súas xerentes, con pasados no sector da sastrería e nas tendas de moda “Trapos” de Palma de Mallorca, fan realidade o seu soño, o cal durante os últimos anos creceu e cultivouse nun recuncho de Galicia considerado como un dos máis encantadores: a vila de Allariz.

As nosas coleccións están baseadas nun estilo alegre e mediterráneo que fan que a propia terra, o aire, o mar e o sol se fundan para dar vida a escenarios impresionantes e cores imposibles de atopar noutro lugar.

facebook.com/Trap.KomyArumeByTrapinos
instagram.com/trapinos_allariz

sandrachartos@hotmail.com

AS NOSAS TENDAS EN ALLARIZ:

TRAPIÑOS PLUS -Talla 40 a 52- Moda femenina
r/ Campo da Barreira 6
Tel: 988 442 550

TRAPIÑOS WEEKEND – Talla 34 a 42- Moda femenina
R/ Don Pepe Puga 13
Tel: 988 440 428

TRAPKOM – Moda masculina
R/ Fonteiriña 12
Tel: 988 442 080

O 22 de decembro de 2016 abriu as súas portas Sira Domarco Allariz, no mesmo baixo onde empaquetei centos de abrigos xunto á miña nai.

Despois viñeron zapatillas de esparto, unha pequena colección de vestidos e bixutería. Todo iso con moito traballo e moito empeño. Sabía perfectamente o que quería e que servizos quería dar.

Non é un secreto para quen me coñece que sempre tiven bo ollo á hora de seleccionar pezas e facer estilismos, cada vez que unha amiga ou compañeira de traballo necesitábao alí estaba eu. Buscaba, compraba, aconsellaba e maquillaba.

Isto último é a esencia de Sira Domarco Allariz, o asesoramento persoal que damos ás nosas clientas. O noso traballo non consiste só en vender, procuramos facelo adaptándonos a vós, aos vosos gustos e talles, ao voso estilo de vida, e por que non, tamén ao voso peto. Vós sodes o noso obxectivo final, e para iso buscamos pezas e accesorios orixinais, procuramos que os nosos deseños se adapten a un estilo clásico e sen estridencias pero con tinguiduras modernas e que vos favorezan, pensando sempre que quen as vai vestir son mulleres reais, con talles reais e cunha vida real.

Rúa O Portelo, 10 Allariz
Tel. 988 442 170 | Whatsapp 680 322 488
contacto@siradomarco.com
facebook/siradomarcoallariz
instagram.com/sira.domarco


As casas de xantar O Pepiño ( Pepiño de Allariz, Pepiño de Ourense e Casa Pepiña) sitúanse nun listón intermedio entre a Taperia e o Restaurante tradicional.

Nos nosos comedores ofrecemos pratos típicos da gastronomía galega elaborados con produtos de calidade, de sinxela execución e presentación vistosa coa particularidade de que algúns dos produtos utilizados neles poden ser mercados polos clientes na tenda do local.

Todo isto nun ambiente agradable que te transporta á Galicia mais tradicional.

Tel. 988442530
tabernadopepinho@gmail.com
www.opepinho.com

O Hotel Oca Vila de Allariz é un precioso hotel de catro estrelas situado na vila de Allariz, provincia de Ourense. Unha das vilas máis fermosas de toda Galicia a tan só 10 minutos en coche de Ourense.

A contorna natural de Allariz é dun valor ecolóxico incalculable, sendo declarado Reserva da Biosfera no ano 2005. Un marco excepcional no que aloxarte con todas as comodidades ou celebrar a túa voda ou evento con todas as garantías que che ofrece un Hotel Ica.

O Hotel Oca Vila de Allariz dispón de 39 habitacións de estilo contemporáneo exquisitamente decoradas e distribuídas en catro modalidades de aloxamento: estándar, dobre con terraza, superior e suite. Todas elas dispoñen de sofá, cadeira, escritorio, caixa de seguridade, minibar, Tv, teléfono e internet Wifi. Os baños contan con bañeira e ducha por separado, espello de maquillaxe con iluminación e secador de pelo. Un hotel 100% libre de fume ideal para a túa estancia en familia ou para a celebración de vodas ou eventos familiares ou corporativos.

O Hotel Oca Vila de Allariz conta cun espazoso salón para eventos con capacidade para 480 persoas totalmente equipado con todos os medios audiovisuais, ideal para as túas celebracións.
Dispoñemos tamén de amplos xardíns, terraza, restaurante, ximnasio, cafetería e un formidable spa para relaxarte en plena natureza. Dáte un capricho e reserva algún dos nosos tratamentos, masaxes, envolturas ou técnicas termais. Ou regálallo aos teus seres máis queridos mediante a nosa sección de bonos regalo. [...]  Ver +


A Imprenta Artes GráficasFacemos todo o que teña que ver coa imaxe dixital. Se non o ves…. pregunta!

— Deseño gráfico
— Composicións dixitais
— Impresión dixital en papel: cartelería, flyers, dípticos, trípticos, tarxetas de visita, etc.
— Impresión fotográfica de alta calidade
— Impresión en tela de lenzo / lona / póster
— Encuadernacións
— Displays, Roll-up, banderolas e lonas para publicidade
— Enmarcación a medida

R/ Emilia Pardo Bazán, 38. Allariz
info@aimprenta.com
Tlf: 988 68 05 01
impresionarte.gal

O noso Hotel está situado en pleno centro do casco histórico de Allariz, preto da zona comercial Outlet, con tendas de primeiras firmas, e de zonas de lecer como museos, instalacións deportivas ou o Festival Internacional de xardíns.

As habitacións do Hotel son amplas e de estilo rústico, con vigas de madeira no teito e paredes de pedra vista. Todas elas son exteriores e con vistas ao casco antigo e ao xardín da casa.

Dispomos dun amplo comedor para almorzos, que son de tipo buffet, ademais dunha sala de TV con cheminea, sala de lectura con biblioteca, servizo de bar e xardín con zona infantil. Tamén contamos cun ascensor para facilitar o acceso ás habitacións.

A escasos 30m do hotel atópase un aparcadoiro gratuíto xunto ao convento-mosteiro de Santa Clara.

Rúa do Portelo, 20 Allariz
Tel. 988 440 740606 943 530
www.hoteloportelorural.com
reservas@hoteloportelorural.com


Gusi Domarco Servizos Informáticos é unha empresa que nace da experiencia de máis de 25 anos ao servizo de Pymes, de diversos Concellos e da Administración Autonómica.

Neste tempo puidemos aprender o beneficioso que resulta para o usuario final de sistemas informáticos ter un técnico ao outro lado do teléfono para resolver as súas dúbidas, configurar os seus equipos ou realizar as reparacións necesarias.
Tamén sabemos que o cliente empresarial prefire deixar nas mans dun profesional o deseño das súas redes de comunicacións e da infraestrutura informática da súa empresa, a conexión a internet ou a configuración e mantemento dos equipos servidores, postos de traballo e sistemas de impresión.

Ofrecemos un amplo abano de servizos:

  • Instalación e mantemento integral de sistemas informáticos, servidores, redes, postos de traballo, equipos de impresión e captura de datos.
  • Soporte telefónico e resolución de problemas con control remoto a través de internet.
  • Venda de material informático e consumibles.
  • Reparación de equipos informáticos con servizo técnico propio e equipos de substitución.
  • Análise e programación a medida en entorno Windows e web.
  • Asesoría e elaboración de documentación para a adaptación á L.O.P.D. (Lei Orgánica de Protección de Datos)

www.gusi.es
gusi@gusi.es
Tel. 988049440619724040

CARABUÑAS nace no 2012 coa intención de ver o sabugueiro dende outra óptica, darlle unha volta, un toque de innovación e pólo na mesa; no prato e no vaso.

Os nosos produtos están elaborados con bagas e flores seleccionadas de sabugueiro, acompañadas doutras materias primas de calidade de produtores/as ecolóxicos galegos/as. Elaborados de maneira artesanal nun pequeno obradoiro situado en Vilar de Santos (Ourense), zona declarada pola Unesco como Reserva da Biosfera Área de Allariz.

carabunhas.gal
Lugar de Saguñedo. Vilar de Santos, Ourense.
info@carabunhas.com
Tel. 672 014 380
facebook/carabunas


Bazar Adolfo é a túa tenda de electrodomésticos e bazar en Allariz.

Traballamos coas mellores marcas e damos o mellor servizo dende un trato cercano e directo coa nosa clientela.
Dende o noso local ofrecemos un servicio personalizado de venda, atención, reparación e transporte en electrodomésticos e produtos de electrónica de consumo.

A ampla gama de produtos que ofrecemos, xunto con décadas de experiencia dende a nosa tenda en Allariz, converteunos na tenda especializada no sector que somos a día de hoxe.

Campo da Barreira, 2  Allariz
Tel. 988 44 07 79
facebook.com/bazar.adolfo.allariz



Praza Avogados é un despacho de profesionais do Dereito de ampla traxectoria e recoñecida experiencia que continúa, nun novo ciclo ampliado, o labor do despacho Salgueiro Armada Avogados establecido desde o ano 1972 na cidade da Coruña. Os seus integrantes despois de desenvolver a súa carreira profesional asumen o relevo nunha nova etapa que está asociada á colaboración de máis profesionais, novos ámbitos de actuación e atención integral dos seus clientes.

Praza Avogados avala coa súa dilatada experiencia e resolución de miles de conflitos no público e privado a mellor e personalizada atención no asesoramento e defensa das persoas que confían no noso despacho os seus intereses.


Máis que un bar tapería, Fío de Liño é un espazo de lecer pensado especialmente para gozar da gastronomía e a cultura, situado na marabillosa vila de Allariz.

A nosa carta pretende reflectir unha filosofía de vida a través do compromiso co consumo responsable e a preservación dos recursos naturais, preservando os valores positivos do espazo rural, apostando pola agricultura e gandería ecolóxica. Os nosos produtos teñen que ser o resultado dun modo de vida que se transforma pero que sabe utilizar as súas bases tradicionais respectando o medio, o desenvolvemento sostible e endóxeno e a produción artesanal. En definitiva, unha alimentación baseada no respecto pola persoa e a contorna do medio.

Rúa Portelo, 1  Allariz
Tel. 988 44 11 93
facebook.com/FioAllariz


O restaurante e hotel Alarico naceu en 1990. Un negocio familiar baseado na profesionalidade e nun excelente e coidado trato ó cliente.
O nome da rúa onde está situado (Rúa Alarico) non é algo azaroso, senón un recoñecemento ó traballo continuado de dúas xeracións na hostalaría alaricana e á iniciativa de salientar o seu compromiso con esta vila poñéndolle o nome de Alarico.

www.hostalalarico.com | info@hostalalarico.com
facebook.com/hostalalarico/

Fina Rei establece os seus alicerces no ano 1971. Na súa orixe, nace coa idea de dar a coñecer a rica repostería da vila de Allariz. E hoxe, tras 40 anos de traballo, podemos afirmar que coa nosa tarefa, conseguimos achegar prestixio e elegancia a unha tradición que se leva desenvolvendo en Allariz dende tempos inmemoriais.

finarrei.com
facebook.com/FinaRei


Galería Circular nace como un novo espazo para a exhibición e promoción da obra gráfica, deseño e libro de artista. Arte para o amante e coleccionista de arte.
Dispoñemos dun importante catálogo de obra gráfica contemporánea, dende artistas consagrados a emerxentes.

Ofrecemos a nosa experiencia a profesionais do interiorismo. Gústanos traballar con equipos creativos.
Convidámosvos a coñecer o fascinante e máxico mundo da Obra Gráfica. Inicia a túa propia colección, elixe e inviste nun valor rendible.

Galería Circular mantén, ademais, unha oferta continuada de obradoiros de temática artística, especialmente para público infantil.

galeriacircular.com
facebook.com/galeriacircular

A actividade de Xeitura – Xestión Integral do Patrimonio Cultural relaciónase cos Servizos Culturais e de Ocio, especialmente centrados nos ámbitos do Turismo, o Patrimonio e o Desenvolvemento local. Ofrece servizos dirixidos a un heteroxéneo e amplo abano de clientes, dende a administración pública ou entidades sen ánimo de lucro e fundacións ata empresas, entidades privadas ou particulares.

Atendendo ás tres grandes áreas de actuación aceptadas na Xestión Patrimonial, ofrecen un amplo catálogo de servizos, que abranguen dende a Xestión básica (Investigación e Protección) ata a Xestión aplicada (Difusión).

http://xeitura.com
facebook.com/Xeitura


A libraría Aira das Letras nace no ano 2010 para ocupar o baleiro que supuña que unha vila como Allariz non contase cunha verdadeira libraría. Dende entón, Aira das Letras leva traballando a eito tanto na propia libraría como na dinamización cultural de Allariz, con centos de presentacións e actividades culturais ás súas costas, tanto en calidade de organizadora como colaborando de maneira salientable en cantidade de propostas culturais que se realizan en Allariz e outros lugares.

Ademais dunha libraría -unha das máis lindas de Galiza, todo hai que dicilo-, Aira das Letras actúa tamén como editorial e como promotora cultural.

https://tenda.airadasletras.gal

Maruxairas conta cunha Libraría de libros lidos -libros de segunda man, pero non só- no mesmo centro do casco vello de Allariz, pero é ademais unha xestora cultural, un centro de ideas e proxectos relacionados coas industrias creativas, a edición e a publicación, o deseño de contidos ou a creación e xestión de produtos culturais e contidos tecnolóxicos.

Maruxairas é unha empresa con diferentes caras pero un núcleo central común: a cultura e as diferentes actividades empresarias que se moven arredor dela.

maruxairas.gal


Punto e Coma defínese como unha tenda de obxectos bonitos que conta coas últimas tendencias que triunfan en todo o mundo. Punto e Coma é máis ca unha tenda de agasallos, é máis ca unha libraría. É ese espazo que imaxinas cando queres perderte entre ducias de obxectos marabillosos e encontrares esa chulada ideal para cada momento, para cada agasallo.

En Punto e Coma podes atopar obxectos de regalo de gran calidade, beleza e orixinalidade para crianzas e público adulto. Tamén poderás atopar obxectos para a casa e para a oficina nos que prima o deseño, así como unha fabulosa selección de libros bonitos para público infantil e adulto, a mellor escolma das máis prestixiosas editoriais: Kalandraka, Impedimenta, Bárbara Fiore, Libros del Zorro Rojo, Combel etc.

Punto e Coma ofrece ademais, como empresa, servizos de deseño, ilustración, maquetación e personalización de produto.

https://www.puntoecoma.gal

Aira Editorial xurdiu da libraría Aira das Letras (Allariz). Presentouse publicamente na pasada edición do Culturgal (decembro de 2017) coas súas tres primeiras publicacións que incluían libro ilustrado, poesía, e unha tradución do francés con ilustracións de 22 ilustradoras e ilustradores de Galicia.
O equipo de Aira Editorial está formado por César Lorenzo Gil, director de contidos, Miguel Robledo, director de arte, e Miguel Mosquera, director técnico.

A editorial ofrece, ademais, servizos relacionados coa edición, publicación, impresión e distribución de obra escrita e ilustrada.

airaeditorial.gal