A Fundación Vicente Risco é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza actividades educativas e culturais partindo do legado de Vicente Risco. Ten a súa sede na rúa San Lorenzo de Allariz, na que foi casa patrucial de Carme Fernández,dona de Vicente Risco. Hoxe de propiedade municipal, écedida á Fundación Vicente Risco para custodia dos fondos bibliográficos, documentais e plásticos de Vicente Risco e do seu fillo Antón.

Conta cunha espectacular exposición permanente sobre a novela de Vicente Risco ‘O porco de pé’, con obras do coñecido pintor allaricense Xabier Varela.

A Fundación organiza e/ou colabora de maneira salientable na organización de numerosos eventos e actividades culturais que se celebran regularmente na súa sede e na vila ourensá, como as Xornadas Romasanta, o Ciclo de Cinema e Música en directo con Caspervek, os Petiscos Musicais, o Poemagosto – Festival Internacional de Poesía en Allariz, ou o Ponme un Poema! Roteiro poético pola vila de Allariz, ademais de convocar os premios ‘Vicente Risco de Ciencias Sociais’, o ‘Antón Risco de Literatura Fantástica’ e o ‘Risco de Creación Literaria’.

Rúa San Lorenzo 3 Allariz
Tel. 626 00 20 19
fundacionvicenterisco.com
facebook.com/FundacionVicenteRisco