Gusi Domarco Servizos Informáticos é unha empresa que nace da experiencia de máis de 25 anos ao servizo de Pymes, de diversos Concellos e da Administración Autonómica.

Neste tempo puidemos aprender o beneficioso que resulta para o usuario final de sistemas informáticos ter un técnico ao outro lado do teléfono para resolver as súas dúbidas, configurar os seus equipos ou realizar as reparacións necesarias.
Tamén sabemos que o cliente empresarial prefire deixar nas mans dun profesional o deseño das súas redes de comunicacións e da infraestrutura informática da súa empresa, a conexión a internet ou a configuración e mantemento dos equipos servidores, postos de traballo e sistemas de impresión.

Ofrecemos un amplo abano de servizos:

  • Instalación e mantemento integral de sistemas informáticos, servidores, redes, postos de traballo, equipos de impresión e captura de datos.
  • Soporte telefónico e resolución de problemas con control remoto a través de internet.
  • Venda de material informático e consumibles.
  • Reparación de equipos informáticos con servizo técnico propio e equipos de substitución.
  • Análise e programación a medida en entorno Windows e web.
  • Asesoría e elaboración de documentación para a adaptación á L.O.P.D. (Lei Orgánica de Protección de Datos)

www.gusi.es
gusi@gusi.es
Tel. 988049440619724040