A libraría Aira das Letras nace no ano 2010 para ocupar o baleiro que supuña que unha vila como Allariz non contase cunha verdadeira libraría. Dende entón, Aira das Letras leva traballando a eito tanto na propia libraría como na dinamización cultural de Allariz, con centos de presentacións e actividades culturais ás súas costas, tanto en calidade de organizadora como colaborando de maneira salientable en cantidade de propostas culturais que se realizan en Allariz e outros lugares.
Ademais dunha libraría -unha das máis lindas de Galiza, todo hai que dicilo-, Aira das Letras actúa tamén como editorial e como promotora cultural.