O 22 de decembro de 2016 abriu as súas portas Sira Domarco Allariz, no mesmo baixo onde empaquetei centos de abrigos xunto á miña nai.
Despois viñeron zapatillas de esparto, unha pequena colección de vestidos e bixutería. Todo iso con moito traballo e moito empeño. Sabía perfectamente o que quería e que servizos quería dar.
Non é un secreto para quen me coñece que sempre tiven bo ollo á hora de seleccionar pezas e facer estilismos, cada vez que unha amiga ou compañeira de traballo necesitábao alí estaba eu. Buscaba, compraba, aconsellaba e maquillaba.
Isto último é a esencia de Sira Domarco Allariz, o asesoramento persoal que damos ás nosas clientas. O noso traballo non consiste só en vender, procuramos facelo adaptándonos a vós, aos vosos gustos e talles, ao voso estilo de vida, e por que non, tamén ao voso peto. Vós sodes o noso obxectivo final, e para iso buscamos pezas e accesorios orixinais, procuramos que os nosos deseños se adapten a un estilo clásico e sen estridencias pero con tinguiduras modernas e que vos favorezan, pensando sempre que quen as vai vestir son mulleres reais, con talles reais e cunha vida real.
Rúa O Portelo, 10 Allariz
Tel. 988 442 170 | Whatsapp 680 322 488
contacto@siradomarco.com
facebook/siradomarcoallariz
instagram.com/sira.domarco