De conformidade co disposto no artigo 5 apartado 1 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter Persoal, e no novo Regulamento Xeneral de Protección de Datos Persoais (RGPD) informamos do seguinte:

Responsables do Ficheiro

Os datos dos responsables dos ficheiros nos que se incluirán datos persoais recollidos dende esta páxina web son:
Letras da Folia S.L. Rúa Emilia Pardo Bazan, 26E 1º B, 32660, Allariz (Ourense) Tel. 988 680 892  info@bencomun.gal (BenComún Espazo en diante).

Usos e finalidades dos datos recollidos

Os datos que nos facilitas a través desta páxina web e formularios de contacto e subscrición formarán parte de ficheiros, titularidade de BenComún Espazo, sendo as finalidades as que se detallan a continuación:

• Xestión de Venda: Cando adquires un produto ou servizo (como por exemplo o pago dunha actividade) a través da nosa web, os datos facilitados utilizaranse para levar a cabo a tramitación e xestión da venda e a súa posterior facturación, así como poder comprobar a inscrición o día da actividade.
• Formulario de Contacto: A información que nos proporciones a través do noso formulario de contacto só se usará para manter a comunicación respecto á cuestión formulada na consulta.
• Formulario de Subscrición: BenComún Espazo utilizará os datos persoais que o usuario proporcione no formulario “Subscríbete a BenComún” para enviarlle información de interese sobre actividades formativas e/ou culturais que organicemos ou en cuxa organización ou divulgación colaboremos, así como promocións, concursos e ofertas realizadas por BenComún Espazo. Esta información envíase vía correo electrónico, a través dos nosos boletíns de correo-e. Os usuarios que non desexen recibir este tipo de información poden comunicalo á dirección de correo electrónico: info@bencomun.gal ou usar a ligazón incluída a tal efecto en calquera dos boletíns enviados.
• Xestión de Usuarios: A información que nos proporcione no formulario de rexistro “a miña conta” será utilizada para a xestión de clientes e usuarios que utilicen os nosos servizos a través da páxina web.

A acción de encher os respectivos cuestionarios será obrigatoria para alcanzar os respectivos obxectivos mencionados, non sendo posible acadar os fins indicados sen a obtención da referida información persoal.

Comunicación de datos a terceiros

Os Responsables dos Ficheiros teñen previsto a comunicación dos teus datos persoais a terceiros nos supostos que se detallan a continuación:

• Por disposición legal: Os teus datos serán comunicados a terceiros nos supostos nos que unha disposición legal así o estableza (administracións públicas, autoridades administrativas ou xudiciais, etc.).
• Xestión de pagos e cobros: Os teus datos persoais serán comunicados a terceiros cando resulte necesario para formalizar e xestionar o pago dos produtos ou servizos adquiridos (paypal, entidades bancarias).
• A terceiros necesarios para a prestación dos nosos servizos: comunicaranse a terceiros (administracións públicas, rexistros oficiais ou outros profesionais como notarios, etc.) os datos de carácter persoal que resulten necesarios para prestar os servizos contratados.
• Gañadores de sorteos, promocións e concursos: BenComún Espazo publicará os datos identificadores dos gañadores de sorteos, promocións ou concursos. Estes datos (nomes), serán publicados na nosa páxina web e nas diversas redes sociais nas que BenComún Espazo teña conta ou perfil corporativo.

Confidencialidade

Os responsables (BenComún Espazo) obríganse, de acordo establece o artigo 10 LOPD, a gardar segredo respecto dos datos persoais tratados, aínda despois de finalizada a relación comercial entre ambas as partes, debendo estender esta obrigación a todo o persoal das súas organizacións que accedan aos devanditos ficheiros.

Exercicio de Dereitos

Informámos do dereito que te asiste para exerceres os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío da solicitude do exercicio correspondente xunto con copia do documento oficial que te identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) á dirección do Responsable do Ficheiro. Para solicitares información sobre a forma de exercer estes dereitos podes dirixirte á páxina web da Axencia Española de Protección de Datos www.agpd.es