En BenComún Servizos Dixitais deseñamos e desenvolvemos páxinas web, tanto de venda por internet (tendas en liña) como webs corporativas (presentación, marca, servizos, información, etc.).
Creamos webs atractivas, persoais, seguras, actuais e intuitivas, tendo sempre en conta o contexto do sector e os obxectivos realistas de cada empresa.

Centramos os esforzos na usabilidade e no deseño adaptable (responsive), para unha boa presentación en todo tipo de dispositivos, dende os móbiles máis pequenos ata as grandes pantallas de equipos de sobremesa, pero sen esquecer un deseño personalizado que encaixe coa filosofía e a personalidade da empresa e do produto ou servizo a vender ou visibilizar.

Traballamos cos CMS (Sistemas de Xestión de Contido) máis destacados (WordPress, Prestashop…) para axilizar o proceso, abaratar custos e conseguir páxinas web que nunca queden obsoletas nin pasen de moda.

Grazas a estas ferramentas, ademais, conseguimos que, se así o desexa, sexa o propio equipo da empresa quen poida xestionar a web, contando con coñecementos básicos de informática a nivel usuario ou cunha pequena formación.

Portátil varias páxinas web

Deseñamos e creamos páxinas web dende as que podes comezar a vender produtos e envialos a calquera lugar en pouco tempo. Se podes envialo, podes vendelo por internet.

Configuramos na web o sistema de pago online (TPV virtual) co que traballe a túa entidade bancaria, ademais doutros sistemas de pago (contra reembolso, transferencia bancaria, pagar en tenda…), así como o Servizo de Paquetería co que traballes (Correos, Seur, GLS, etc.)

Integramos a web con diferentes sistemas de marketing online, dependendo das túas necesidades e obxectivos. Dende o uso gratuíto das Redes Sociais (RS) ata os anuncios de pago en Google Ads ou Facebook Ads, pasando polos boletíns periódicos por correo-e (newsletters), existe todo un mundo de posibilidades que, unidos á páxina web, poden facer crecer o teu negocio de forma exponencial.

Estas ferramentas, que chegaron para ficar, son xa recoñecidas como indispensables para promocionar e vender servizos e produtos a un público moi amplo e variado, ao que probablemente non chegarías sen a súa axuda.

seo optimización web

Redactamos contido de calidade -seguindo a filosofía e estilo máis acaído para o teu sector ou produto- nas diferentes seccións da túa web, para que lle guste a Google e outros buscadores de internet, de maneira que a túa web e a información do teu negocio apareza nas buscas do teu público obxectivo e non sexa considerado como ‘de baixa calidade’.

Encargámonos de crear ou optimizar a ficha de Google Business para que o teu negocio apareza co seu nome e facilmente localizable en Google Maps e se mostren claramente os datos de contacto, horarios de apertura, fotos, vídeos, etc. cando alguén estea buscando servizos ou produtos do teu sector ou directamente o teu negocio ou produto.

social media marketing

Asesorámoste, deseñamos e optimizamos a túa presenza en Facebook, Instagram, Twitter, Youtube… Publicacións (posts) de calidade, atractivas e orixinais, ou sorteos periódicos nas RS son métodos moi importantes e efectivos para manter o teu público atento e activo.
Recordándolle ós teus seguidores que estás aí, incrementas exponencialmente as probabilidades de que pensen en ti cando necesiten o teu produto.


Configuramos da maneira máis eficiente os teus perfís e páxinas (Facebook, Instagram) para unha maior visibilidade, funcionalidade e reputación a través das túas publicacións, ademais de integralas coa túa páxina web, de maneira que poidas promocionar nestas RS os teus produtos pero tendo sempre a túa web como punto de venda final dos clics nas túas publicacións. Desta maneira, o control das vendas sempre está na túa web e, por tanto, na túa man.

Creamos, xestionamos e optimizamos campañas de de anuncios pago en Facebook, Instagram e Twitter cunha clara e definida segmentación, para que a túa empresa e o teu produto cheguen á túa clientela potencial real, con máis probabilidades de converter as visitas na túa web e RS en vendas, e sempre co menor orzamento posible.

email marketing

Integramos na túa web sistemas de captación de subscrición a boletíns (newsletters) que, xunto con sinxelas campañas en RS, consiguen de maneira sinxela un público directo ao que poder enviarlle puntualmente información concreta sobre promocións, novidades, eventos, descontos, ofertas lóstrego, etc.