No Espazo BenComún tes á túa disposición 300 m2 de superficie distribuídos nunha sala diáfana con mesas de traballo individuais, unha sala de reunións e un estudio fotográfico. No noso local da praza da Torre Lombarda, amais de vistas sobre a ribeira do río e os cumes da reserva natural da biosfera, contamos con internet de alta velocidade (350 Gb de descarga), Wi-Fi, liña telefónica, calefacción, zona de descanso e office, zona de carga para vehículos eléctricos e unha terraza moi luminosa.
Se decides incorporarte ó Espazo, poderás elixir e gozar, ademais, doutros moitos servizos, como a nosa Impresora 3D, reprografía, fotografía profesional, creación e xestión de web e apps para o teu negocio, asesoría laboral, fiscal e contable, e formación continuada nunha ampla área de materias.