Pensaba en ti todo o tempo, mentres a miña vida tinguía de vermello a auga quente da bañeira.
Pensei en ti todo o tempo, antes e despois de voltar da rolda, cargada de doces e recordos.
A cabaza da xanela sorriume, ao ver o cartón de viño , a bolsa de cubitos de xeo, a Coca Cola de dous litros.
A cabaza sorriume, e con moita retranca díxome:
– Parece que a festa vai ser de medo
-Si, contesteille. Hoxe é Samaín, e teño un disfrace de morte
Moito amor.