Subvención para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias (réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional), mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade por subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables (…)

Prazo: 03/07/2019 – 02/08/2019

Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos

Investigación de mercado; Plan de márketing; Plan de comunicación do negocio; Plan estratéxico do negocio; Plan de crecemento: constitución da sociedade.; Plan de reorientación do negocio; Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio; Plan de refinanciamento.

Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
Compra de maquinaria; Compra de útiles e ferramentas; Reforma do local do negocio; Equipamentos informáticos; Rótulos; Aplicacións informáticas e páxinas web; Creación de logotipo do negocio; Mobiliario.

Podes poñerte en contacto connosco para informarte máis a fondo ou tramitala e/ou se precisas dos nosos servizos de programación web, marketing online, deseño de logotipo / imaxe de empresa…

Tel. 636 889 015 / info@bencomun.gal).

Publicación completa na sede electrónica da Xunta