A Fundación Vicente Risco inicia un novo ciclo de cine clásico con música en directo da man de Caspervek Trio.
Este ano as sesións desenvolveranse no local de BenComún Espazo onde, como sabedes, contamos cunha zona de proxección moi acaída para este tipo de actividades.

Sesións: 24 febreiro «O heroe do río», 12 maio «Tabú», 22 setembro «A máscara de ferro», 17 novembro «A paixón de Jeanne d’Arc»

Como en anteriores edicións, podedes solicitar o bono de colaboración coas actividades da Fundación Vicente Risco. Tendes toda a información necesaria no pdf que adxuntamos, e que podedes tamén ver e descargar nesta ligazón da web da Fundación Vicente Risco

Caspervek 2018