Pouvelle é un colectivo artístico multidisciplinar afincado en Allariz (Ourense) e formado por Blanca Font (licenciada en Comunicación Audiovisual) e David Segade (graduado en Ilustración).

Debido á súa formación e campos de experiencia, ofrecen ofrecer un amplo abanico de servizos. O seu traballo inclúe muralismo, ilustración, deseño gráfico, dirección de arte e fotografía. Cun estilo definido e con carácter, encárganse de buscar a solución estética máis adecuada ó produto ou formato sobre o que traballan.

pouvelle.com
Instagram: @pouvelle_studio