Aproveita a Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia e visita Allariz!

Podes ver toda a información sobre estes bonos de ata 500€ nesta web da Xunta de Galicia

A arquitectura, a paisaxe, o río Arnoia, as rúas… A beleza e a calidade de Allariz son coñecidas en toda Galicia e tamén fóra das nosas fronteiras.
A gastronomía e a hostalaría de Allariz son famosas pola calidade dos seus produtos, a beleza dos locais e os seus elaborados e deliciosos pratos, sen esquecer os seus famosos e prestixiosos doces tradicionais!

En Allariz temos 4 fermosos e acolledores aloxamentos hosteleiros incluídos na listaxe de establecementos adheridos:

HOTEL OCA VILA DE ALLARIZ
Hotel – 4 estrelas 

O PORTELO RURAL
Hotel rural – 2 estrelas

PALLABARRO
Pensión rural – 3 estrellas

ALARICO
Hostal – 1 estrella

Podes ler, ver e saber máis sobre a Vila de Allariz, podes botar unha ollada á web de Turismo do Concello.