Regulamento do Teleclube aprobado na asemblea do 19-01-2020.

Existirán 2 modalidades de proxeccións.

  • Películas contratadas a distribuidoras. Películas non gratuítas.
  • Películas incluídas na licenza Umbrella. Películas gratuítas.Para o desfrute da actividade de tripulante/socio do Teleclube, existen 4 modalidades:
  1. Tripulante Individual: 60 €/ano. Permite o acceso a unha única persoa daunidade familiar que veña recollida na folla de inscrición.
  2. Tripulante semanal, que pagará unha cota de 7€ (película de distribuidora) ou 3€ (outras), que contará cun pase individual para a semana contratada. Supeditado á existencia de prazas libres.
  3. Tripulante Familiar: 100 €/ano. Permitirá o acceso ata un tope de 5 persoas da unidade familiar (recollidos na folla de inscrición), respectando a idade recomendada para cada película.
  4. Tripulante Infantil/xuvenil. Para menores de 30 anos que non traballen. 20 euros ao ano. Con dereito a 4 filmes de xeito gratuíto e o resto co suplemento correspondente. No abono infantil, no caso de nenos/as moi pequenos/as, poderá entrar o pai/nai/titor cos neno/a á proxección.

As persoas que se dean de alta no segundo semestre terán un desconto do 50% na tarifa de tripulante escollida.


PAGO DA COTA

O pago da modalidade escollida farase mediante transferencia ou ingreso bancario na conta de Caixa Rural: ES88 3070 0046 4762 5027 8824, especificando o concepto “Tripulante telecuble” e o nome e apelidos. Ao presentar o xustificante do pago entregarase o carné de tripulante.

Para a proxección das películas da Licenza Umbrella ten que haber un número mínimo de 5 persoas. Para iso vanse propor diferentes ciclos (entre todas/os) e proxectaranse aqueles que teñan máis demanda. Os días de proxección tamén se decidirán por maioría. Neste caso pódense facer varias sesións.

Nas películas contratadas a distribuidoras cada tripulante abonará un suplemento de 3€ por cada sesión no momento de acceder á mesma. Como para proxectar películas nesta modalidade hai que pagar cada sesión, o número de sesións dependerá do número de tripulantes.

Os tripulantes teñen preferencia de reserva de praza ata 96 horas antes da proxección e/ou ata completar capacidade.

Os Tripulantes de calquera modalidade poderán convidar a outras persoas (distintas cada vez) non tripulantes sempre e cando existan prazas libres. Estes invitados terán a figura de tripulante semanal cunha cota de 3 euros por ser persoa convidada.

A programación do Teleclube será dun mínimo de 2 proxeccións ao mes, agás nos períodos de vacacións. Estas serán, habitualmente, os luns ás 20:00h e os xoves ás 21:00h
Unha vez por trimestre haberá unha proxección do “Teleclube miudo”, cun horario e día por definir, que será previamente anunciado.

FORMULARIO DE INSCRICIÓNRegulamento e formulario de inscrición O Acomodador 2020

NORMAS E CONSELLOS DE USO DO ESPAZO

  • As normas de comportamento serán similares ás dun cine. Respecto a comer e beber durante a proxección, isto valorarase previamente entre os participantes.
  • Durante as proxeccións e presentacións non se poderán utilizar dispositivos móbiles ou electrónicos que molesten aos outros tripulantes.
  • Os tripulantes tampouco gustan dos comentarios durante as proxeccións, por iso prefiren comentar no tempo de descanso mentres desfrutan do ambigú.
  • No caso das proxeccións infantís, nais e pais son as persoas responsables das súas fillas e fillos.
  • Os tripulantes poderán utilizar a zona de descanso (office) que conta con auga fría e quente, cafeteira, microondas, café e infusións. Existe ademais unha neveira con bebidas (poderemos ter aquela que se nos solicite), por cuxo consumo se solicita a achega de 1 € por consumición.
  • O Teleclube “O acomodador” levará a cabo a promoción, en diferentes medios, das actividades que programe. Durante a celebración dos distintos eventos realizaremos fotografías e/ou vídeos co fin de darlle difusión ás distintas actividades que desenvolvamos na nosa web, blog e redes sociais. O tripulante que non estea conforme con este uso de imaxes nas que poida aparecer, deberá marcar a casiña correspondente no formulario de inscrición.
  • BenComún Espazo é un espazo común de traballo, polo que tódalas persoas que asistan ás actividades no local deberán respectar os lugares de traballo e espazos comúns.