50,00

A Campaña de Bonos Prepago quere facilitar á clientela do comercio e hostalaría de Allariz o seu apoio a estes locais por medio da adquisición de bonos prepago, que poderán gastar unha vez que estes locais poidan volver abrir as súas portas despois da situación xerada pola covid-19.

Bono de 50 €. Cada bono dá dereito, amais dese agasallo, a unha participación no sorteo de 500 € que organizará o grupo de empresas Amigas BenComún.

Baixa para ver toda a información detallada da campaña, agasallos entre os que escoller e negocios participantes, así como a información para o pago presencial na Caixa Rural se non o dás feito a través desta páxina.

Limpar
SKU: N/A Categoría:

Descrición

A campaña de Bonos Prepago quere facilitar á clientela do comercio e hostalaría de Allariz o apoio a estes locais por medio da adquisición de bonos prepago, que poderán gastar unha vez que estes locais poidan volver abrir as súas portas despois do estado de confinamento pola Covid-19.

Podedes adquirir bonos de dous tipos

1. Bonos de 25 €. Cada bono dá dereito a un Agasallo Cultural (1).

2. Bonos de 50 €. Cada bono dá dereito, amais dese agasallo, a unha participación no sorteo de 500 € que organizará o grupo de empresas Amigas BenComún.

Condicións da campaña:

– O importe de cada bono deberá gastarse integramente nun único negocio. No momento da adquisición deberase consignar que establecemento é o destinatario, así como o agasallo elixido.
– Non poderán participar nesta campaña as persoas propietarias dos negocios participantes nin familiares directos.
– A campaña estará activa ata o día 1 de xuño, este incluído.
– O prazo para gastar un bono será ata 2 meses despois de que se permita abrir ao público o local escollido para gastar ese bono concreto.
– A compra
dos bonos prepago realizarase na páxina creada a tal efecto na web de BenComún Espazo, adquirindo os bonos por medio do pago online.
– O sorteo realizarase na semana do 1 de xuño. O premio, cunha soa persoa gañadora, consistirá en 10 bonos de 50€ para gastarnas empresas participantes.

(1) Agasallo Cultural: a elixir (*):
– Do Caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (DVD) +ver detalle
– Pan negro (LIBRO+DVD) +ver detalle
– Vidas imaxinarias (LIBRO) +ver detalle

(*) Dispoñibilidade ata fin de existencias. No caso de esgotarse algún dos artigos, substituirase por outro de valor similar.

A adquisición destes bonos seguindo o proceso de compra nesta páxina pódese facer tanto con Tarxeta de Crédito/débito como por Transferencia Bancaria.
Este é o sistema máis cómodo e rápido tanto para vós como para BenComún, como xestor da campaña en nome de todas as empresas participantes, pero se por calquera razón non podedes facelo deste xeito, podedes  facelo na sucursal da Caixa Rural de Allariz:

Pago sen tarxeta (ingreso bancario presencial)
:

Presencialmente na Caixa Rural de Allariz (Rúa Alfredo Nan, 1. Esquina Emila P. Bazán coa Estrada de Celanova).
Nº IBAN da conta:  ES67 3070 0046 4761 8821 1327

Deberedes indicar claramente os datos necesarios:
Nome e apelidos.
Un teléfono e/ou correo-e de contacto
– Para cada bono a adquirir: importe (25€ ou 50€), empresa na que se quere gastar o bono e agasallo cultural elixido.

Negocios que participan na Campaña:

A Despensa do Alarico
A Meiga de Allariz – Loterías
Aira Editorial
Arume by Trapiños / Trap.kom – Moda
Bar Petiscos
Bazar Adolfo
Café Bar As Catro Portiñas
Carabuñas – Produtos do Sabugueiro
Fina Rei Repostería Tradicional
Fío de Liño Restaurante Tapería
Gusi Domarco Servizos Informáticos
Hostal Alarico
Hotel O Portelo Rural
ImpresiónArte
Libraría Aira das letras
Libraría Maruxairas
Mírame – Moda
Oca Vila de Allariz Hotel & Spa
Punto e Coma – Libraría e Agasallos
Restaurante Casa Pepiña
Restaurante O Pepiño
Sira Domarco – Moda
Xeitura Patrimonio S.Coop.Gal

Información adicional

Negocios

A Despensa do Alarico, A Meiga de Allariz – Loterías, Aira Editorial, Arume by Trapiños / Trap.kom – Moda, Bar Petiscos, Bazar Adolfo, Café Bar As Catro Portiñas, Carabuñas – Produtos do Sabugueiro, Fina Rei Repostería Tradicional, Fío de Liño Restaurante Tapería, Gusi Domarco Servizos Informáticos, Hostal Alarico, Hotel O Portelo Rural, ImpresiónArte, Libraría Aira das letras, Libraría Maruxairas, Mírame – Moda, Oca Vila de Allariz Hotel & Spa, Punto e Coma – Libraría e Agasallos, Restaurante Casa Pepiña, Restaurante O Pepiño, Sira Domarco – Moda, Xeitura Patrimonio S.Coop.Gal

Regalo

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (DVD), Pan negro (LIBRO + DVD), Vidas imaxinarias (LIBRO)