60,00150,00

Teleclube O Acomodador vai desenvolver, durante o ano 2019 a presentación e visionado de diferentes obras cinematográficas, ofrecendo ás persoas que estean interesadas a participación nesta actividade.

Existirán 2 modalidades de proxeccións:
• Películas incluídas na licenza Umbrella. Películas gratuítas (só para Tripulantes).
• Películas contratadas a distribuidoras. Películas non gratuítas.

Para o desfrute da actividade de tripulante do Teleclube O Acomodador, existen 3 modalidades:

1. Tripulante Individual: 60 €/ano. Disporá dunha tarxeta individual que poderá ser utilizada por calquera membro da familia que veña recollido na folla de inscrición, respectando a idade recomendada para cada película. Existe a modalidade de tripulante semanal, que pagará unha cota de 7 €, que contará cun pase individual para a semana contratada (película de distribuidora). Supeditado á existencia de prazas libres.

2. Tripulante Familiar: 100 €/ano. Disporá de dúas tarxetas individuais que poderán ser utilizada por calquera membro da familia que veña recollido na folla de inscrición, respectando a idade recomendada para cada película.

3. Tripulante Infantil20 €/anoCrearase para o 2019 xunto coa sección Lingualonga. (Pendente de concretar as espicificacións).

4. Tripulante Mecenas: suplemento de 50 € na cota da modalidade elexida (non aplicable á modalidade infantil).

Cada tripulante ten dereito a 10 películas ao ano gratuítas (pertencentes á licenza Umbrella). Para a proxección de ditas películas ten que haber un número mínimo de 5 persoas. Para iso vanse propor diferentes ciclos (entre todas/os) e proxectaranse aqueles que teñan máis demanda. Os días de proxección tamén se decidirán por maioría. Neste caso pódense facer varias sesións.
Nas películas contratadas a distribuidoras cada tripulante abonará un suplemento de 3€ por cada sesión.

Aquí podes ler e descargar o Regulamento do Teleclube O Acomodador con toda a información detallada.

Limpar
SKU: N/A Categoría: Etiquetas: , ,

Descrición

Teleclube O Acomodador vai desenvolver, durante o ano 2019 a presentación e visionado de diferentes obras cinematográficas, ofrecendo ás persoas que estean interesadas a participación nesta actividade.

Existirán 2 modalidades de proxeccións:
• Películas incluídas na licenza Umbrella. Películas gratuítas (só para Tripulantes).
• Películas contratadas a distribuidoras. Películas non gratuítas.

Para o desfrute da actividade de tripulante do Teleclube O Acomodador, existen 3 modalidades:

1. Tripulante Individual: 60 €/ano. Disporá dunha tarxeta individual que poderá ser utilizada por calquera membro da familia que veña recollido na folla de inscrición, respectando a idade recomendada para cada película. Nas películas infantís o pai/nai/titor/titora poderá acompañar o/a fillo/a se é moi pequeno/a.
Existe a modalidade de tripulante semanal, que pagará unha cota de 7 €, que contará cun pase individual para a semana contratada (película de distribuidora). Supeditado á existencia de prazas libres.

2. Tripulante Familiar: 100 €/ano. Disporá de dúas tarxetas individuais que poderán ser utilizadas por calquera membro da familia que veña recollido na folla de inscrición, respectando a idade recomendada para cada película.

3. Tripulante Infantil20 €/ano. Para menores de 30 anos que non traballen. Con dereito a 4 fimes de xeito gratuíto e o resto co suplemento correspondente.
No abono infantil, no caso de nenos/as moi pequenos/as, poderá entrar o pai/nai/titor cos neno/a.

Aquí podes ler e descargar o Regulamento do Teleclube O Acomodador con toda a información detallada.

Información adicional

Ser Mecenas

Non, Si

Modalidade Tripulante

Familiar, Individual